12 de diciembre de 2012

RESUMO DO CONSELLO ESCOLAR DO 4 DE DECEMBRO DE 2012


Reunidos todos o membros do consello escolar propúxose modificar lixeiramente a orde da orde do día.

1.       Lectura y aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

Lida e aprobada.

2.       Probación, se procede, do Plan Xeral Anual.

Aprobouse o Plan Xeral Anual.

3.       Constitución do novo Consello Escolar e a súa vez, no seu seo:

·         Designación dos membros que van a constituír a Comisión Económica.

Creouse a Comisión Económica, con Fernando Pernas Rodríguez como representante das nais/pais.
Solicitouse a creación dunha Comisión de Comedor e quedou formada polos representantes da Comisión Económica mais a encargada de comedor.


·         Designación da persoa responsable de impulsar medidas educativas que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres.

Designouse á Orientadora do Centro como persoa responsable.

·         Constitución do Observatorio da Convivencia Escolar.

O representante das nais/pais no Observatorio é Xosé González Parga, e o representante do ANPA no Observatorio é Roberto Blanco Martínez.

4.        Rogos e preguntas.

Os asistentes formularon rogos e preguntas, que foron atendidos polo Dirección do centro na medida do posible.
Non se pode facer referencia aos rogos e pregunta por ser información do Consello Escolar.

28 de noviembre de 2012

RESULTADOS DA ELECCION DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO AO CONSELLO ESCOLAR

O resultado das eleccións é o seguinte:



Elixidos: 

  • Aldariz Araujo, Geraldina
  • Rosón López, Clara


En lista de agarda: 

  • Sánchez Beiroa, José Manuel. 

26 de noviembre de 2012

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES PARA O NADAL


Teléfono de contacto 981 815 700 Departamento de Benestar Social do Concello de Teo.

Lo organiza protección civil, se recoge en el edificio de Servicios Sociais, el edifício de detrás del Concello de Teo y en la base de proteccion civil en Lucí hasta 13 de noviembre. 

13 de noviembre de 2012

ACTIVIDADES E PROGRAMAS EDUCATIVOS . CONCELLO DE TEO


A Concellaría de Educación vai desenvolver neste curso diversos programas de apoio á comunidade escolar nos distintos ámbitos e contidos educativos escolares e non escolares. Estes programas perseguen o obxectivo de complementar e enriquecer pedagóxica e culturalmente aos cidadáns e cidadás en idade escolar, continuando o proceso da educación máis alá do eido estritamente formal. 

Estes programas pretenden axudar a construír unha sociedade que participe activamente no proceso colectivo de interpretación do medio onde se desenvolven as nosas vidas. Cada unha destas propostas leva implícita un proceso de educación en valores a través de experiencias positivas e lúdicas.


Concello de Teo. 

OLLOS DE AULA


Prezados/as amigos/as,


Xa tedes nas vosas mans o Nº 2 de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado. Como sabedes, está pensada como unha ferramenta máis de apoio ao traballo do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do voso centro mais coa vontade de se dirixir a toda a comunidade educativa e moi especialmente ás familias, un piar fundamental na formación do noso alumnado e mais na extensión de usos do noso idioma.



Gustaríanos que dende a humildade destas oito páxinas, Ollos de aula servise de canle de comunicación entre o centro e as familias, entre os equipos e as familias, etc., por iso non dubidedes en poñervos en contacto con nós para facernos chegar calquera consulta, suxestión, etc.: ollosdeaula@gmail.com <mailto:ollosdeaula@gmail.com> .



Ollos de aula é unha revista da CGENDL mais dende os Equipos podedes personalizala para adecuala ao voso centro e ao voso contorno respectando o deseño orixinal. Para iso podedes botar man de programas como Adobe Acrobat Professional ou Photoshop ou simplemente encartar alguna folla propia, mais, como comprenderedes, non podemos enviar a maquetación aberta.






Saúdos. 

Consello Directivo

CGENDL

18 de octubre de 2012

COMUNICADO DA DIRECCION DO CEIP A RAMALLOSA



A/A das nais e pais das/os alumnas/os usuarias/os do comedor

Estimados pais:

Pola presente informámolos de que o Consello Escolar respaldou a proposta da dirección e da encargada de comedor para que as nais/pais das alumnas/os usuarias/os do servizo de comerdor poideran comprobar por si mesmas/os como se desenvolve a diario esta actividade. Por iso, convidámolas/os a que cando queiran se acheguen aoi colxio, de 14:30 a 15:30, para aisitir a un turno de comida.

Coa fin de evitar a coincidencia de varias persoas no mesmo día, pregámoslles que comuniquen a data con antelación poñéndose en contacto coa directora.

Sen outro particular, reciban un cordial saúdo.

A Ramallosa, a 17 de outubro de 2012
                                                                                                           A Dirección

CEIP A RAMALLOSA
A Ramallosa - Teo
15883 - A Coruña 
Teléfono e fax 981809056

17 de octubre de 2012

ANAPA RIO TELLA NA FOLGA DE NAIS E PAIS


A xunta directiva do ANPA Rio Tella, posiciónase a favor da Folga de nais e pais convocada para o Xoves 18 de Outubro de 2012

A LEI WERT A EXAME


Estimados amigos e amigas.

 Xuntamos información da xornada "A Lei wert a exame"que terá lugar na Coruña o día 27 de outubro (sábado) organizada por CONFAPA-GALICIA como debate-coloquio para coñecer o anteproxecto de lei orgánica de educación LOMCE e facer unha análise do seu contido e dos cambios comparativos coa LOE 

Lugar: Centro Cívico de Os Mallos. Avda. Arteixo, 147 A Coruña.

Un saúdo
Xunta directiva
Federación Provincial ANPAs
A Coruña


Documentación

Noticia de CONFAPA-GALICIA

15 de octubre de 2012

18 DE OUTUBRO FOLGA DE NAIS E PAIS




CONFAPA-GALICIA SECUNDA A INICIATIVA DE CEAPA DE SUMARSE
Á FOLGA CONVOCADA POLO SINDICATO DE ESTUDANTES PARA CONVERTILA NUNHA ACTUACIÓN CONXUNTA DO ALUMNADO E AS FAMILIAS




Entre outras cousas, CONFAPA-GALICIA convoca á folga para as nais e os pais para o xoves día 18 de outubro.

CONFAPA-GALICIA considera que a gravísima situación actual demanda unha resposta contundente do alumnado e as súas familias. Estamos ante un ataque sen precedentes aos dereitos do alumnado e das familias, con salvaxes recortes na educación pública que, no contexto actual, vense agravados pola coincidencia con outras medidas igualmente inaceptables.
Iniciamos un curso escolar que supera con creces os peores pronósticos; pensamos que chegou o momento de que o alumnado e as familias, ademáis de seguir a realizar movilizacións conxuntas co resto da Comunidade Educativa, eleven a súa voz para dicirlle ao Goberno Central e ao goberno de Feijoo que está a seguir o seu camiño, que temos chegado a un punto de non retorno, que non estamos dispostos a tolerar nin unha soa medida máis.

Alumnos e pais estamos soportando recortes en todas as partidas, que non fan outra cousa que castigar as xa maltreitas economías familiares, abocando ao abandono educativo a moitos rapaces e rapazas por cuestións económicas. É intolerable e debemos cambiar radicalmente as medidas que se están a tomar.
Sobran os motivos, mais queremos subliñar especialmente que o alumnado e as familias movilizarémonos conxuntamente porque:

--Non aceptamos un novo cambio de Lei educativa. A sociedade está xa cansa de que cada novo Goberno se empecine en modificar a lexislación educativa, máxime se, como está a ocorrer agora, faise sen contar cos diferentes sectores buscando cambiar o actual modelo social e satisfacer consignas ideolóxicas.

--Non aceptamos mentiras para xustificar unha reforma do sistema educativo, terxiversando datos e facendo xuízos de valor que non están baseados en datos contrastados.

--Non aceptamos o desmantelamento da educación pública para beneficio exclusivo da iniciativa privada, desviando os fondos públicos para financiar empresas privadas da educación, moitas de dubidosa legalidade que, incluso, atrévense a vulnerar a Constitución coa connivencia de quen deberían cumprir e facer cumprir o marco legal vixente.

--Non aceptamos que se eliminen todo tipo de axudas ao alumnado e ás familias, se incrementen as cotas e as taxas -aínda máis, creándoas onde non existían- , incumplindo o mandato constitucional da gratuidade do ensino e o dereito de acceso en igualdade de condicións.


--Non aceptamos que que os irresponsables políticos que nos gobernan sigan a insultar ao profesorado que ensina aos nosos fillos e fillas, profesorado que goza do respaldo das familias e do alumnado co que conviven a cotío, nun ataque sen precedentes contra a figura do funcionario público e dos interinos, aos que se trata en ámbolos dous casos como se fosen bonecos de feira, co único obxectivo de poñer a educación en mans da empresa privada e, con iso, de precarizar a profesión docente.

En definitiva, alumnos e familias dicimos: ATA AQUÍ CHEGAMOS e esiximos,

--O cese fulminante do Ministro Wert e de todo o seu equipo
--A retirada inmediata do inaceptable anteproxecto de reforma da LOE
--A paralización inmediata de todas as medidas de recorte e desmantelamento do ensino
público
--A apertura, cun novo equipo ministerial, dun proceso real de diálogo cos diferentes sectores da Comunidade Educativa para buscar entre todos o consenso preciso para mellorar, de verdade, o ensino público.

FACEMOS UN CHAMAMENTO ÁS FAMILIAS para que realicen o día 18 de outubro unha folga de nais e pais, consistente en deixar baleiros todos os centros educativos para defender os dereitos dos nosos nenos e as nosas nenas.

Asemade, pedímosvos que facilitedes a posibilidade de que, sós ou coa vosa compaña segundo as idades e maduración dos vosos fillos, poidan estes participar nas manifestacións de estudantes a celebrar na mañán do día 17 e, todos xuntos, facelo tamén nas que se levarán a cabo na tarde do día 18 nas distintas vilas e cidades de Galiza. Do mesmo xeito, pedimos que formedes parte das Asembleas que se convoquen e dos piquetes informativos que se realicen.

Chegou o momento de dar unha mensaxe clara sobre que as cousas teñen chegado a un punto onde nunca tiveron que facelo. Non estamos dispostos a que sigan por ese camiño.


                         Cadro de accións semanal


Noticia de: 

9 de octubre de 2012

PAGAMENTO DAS ACTIVIDADES PRIMERO TRIMESTRE



Lembramos que o prazo de pagamento das actividades do primeiro trimestre remata o día 30 de outubro de 2012

O importe das actividades e da cota anual da ANPA ingresaranse en NOVAGALICIA Banco, oficina de Cacheiras, o número de conta é:

NOVAGALICIA Banco 2080 0719 01 3040002062

Lembrade que se debe indicar no concepto o nome e apelidos d@ nen@ así como das actividades nas que se inscribe, non da persoa que fai o ingreso. Exemplo:
MANUEL FERNÁNDEZ GARCÍA - JUDO, XEDREZ E COTA ANPA. 

6 de octubre de 2012

NOTA INFORMATIVA DA ASAMBLEA ORDINARIA DO 3 DE OUTUBRO DE 2012

O pasado 3 de outubro celebrouse a Asemblea Ordinaria da ANPA Río Tella, na que figuraban os seguintes puntos na orde do día:
  1. Lectura e aprobación da acta da Asemblea anterior
  2. Aprobación das contas do curso 2011-2012
  3. Presentación do programa de actividades
  4. Rogos e preguntas

Pasamos a resumir cada un destes puntos.
1. Lectura e aprobación da acta da Asemblea anterior.

Laura Mª Lojo Rodríguez, como secretaria da ANPA, procedeu á lectura da acta, que foi aprobada pola totalidade dos asistentes.

2. Aprobación das contas do curso 2011-2012

Arantza Portabales Santomé, como tesoureira da ANPA, entregou aos asistentes un resumo de ingresos e gastos correspondentes ao curso 2011-2012, explicando aos presentes na reunión os conceptos sinalados no devandito resumo. As contas foron aprobadas pola totalidade dos asistentes.

3. Presentación do programa de actividades

Mercé Morros Torrents, como presidenta da ANPA, presentou o programa de actividades para o curso 2012-2013. Algúns asistentes interesáronse sobre algunhas cuestións particulares de certas actividades, cuestións que foron respondidas e aclaradas polos membros da directiva da ANPA.

4. Rogos e preguntas

Neste punto Xavier Valiño García, representante da ANPA no Conselo

Escolar, fixo un pequeno resumo do falado no Conselo celebrado o día 2 de outubro de 2012.

Algúns asistentes formularon queixas sobres o funcionamento do servizo de comedor. Tralo debate, acordouse que os membros da xunta directiva da ANPA se informarán nos próximos días dos posibles problemas que hai no servizo de comedor e que poidan afectar aos alumnos do centro.


Un saúdo:

30 de septiembre de 2012

CIRCULAR Nº2 CURSO 2012/13

CIRCULAR Nº 2 CURSO 2012/13

Horario definitivo de actividades extraescolares para o curso 2012-2013
(E.I.= EDUCACIÓN INFANTIL. E.P.= EDUCACIÓN PRIMARIA)
Lamentamos comunicar que hai unha serie de actividades que non poderán levarse a cabo por non acadar o número mínimo de alumn@s inscrit@as ao peche desta circular (aparecen tachadas na táboa). Tamén aparecen actividades con só catro alumn@s inscrit@s, polo que vos pregavos que consideredes a posibilidade de anotarvos nelas se a vosa actividade foi cancelada.


LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
15:15-16:00
TEATRO
( 2ª E.I. – 2º E.P.)

XIMNASIA RÍTMICA  2
(3º-6º E.P.)

MANUALIDADES 2
(3º-6º E.P.)
15:15-16:00
XIMNASIA RÍTMICA 1 (E.I. e 1º-2º E.P.)

INGLÉS COS LUNNIS
(3º-6º E.P.)
INGLÉS COS LUNNIS
(E.I. e 1º-2º E.P.)
JUDO 1
 (E.I. 1º-6º)
15:15-16:15
XADREZ
(1º- 6º E.P.)
CIRCO 2
(3º-6º E.P.)

 CIRCO 1
(E.I. – 1º-2º E.P.)
(4 INSCRIT@S)


15:15-16:15

FRANCÉS(4º-6º E.P.)



15:15-16:15

MANUALIDADES 1
(E.I. 1º-3º E.P.)




16:00-17:00
ATLETISMO
(3º-6º E.P.)


XIMNASIA DEPORTIVA
(2º-6º E.P.)
(4 INSCRIT@S)
FUNKY-HIP HOP E RAP (3º-6º E.P.)

16:00-17:00
XOGOS MOTRICES E COORDINACIÓN
(E.I.-1º-2º E.P.)




16:00-17:00
 TEATRO 2
(3º-6º E.P.)


PILATES
(adultos )

16:00-17:30

CÓMIC: BANDA DESEÑADA E ILUSTRACIÓN
(3º-6º E.P.)

BALLET E BAILE MODERNO
 (E.I e 1º-2º E.P.)
INFORMÁTICA
(3º-6º E.P.)
16:15-18:15




PISCINA (E.P.)
16:30-17:30

ATLETISMO
(3º-6º E.P.)



16:00-17:15




JUDO 2
(E.I. e 1º-4º E.P.)
17:15-19:30




JUDO 3
(5º-6º E.P.)

      As actividades que se levarán a cabo, dado que son as únicas que acadaron un número suficiente de alumno@s, son as remarcadas en negriña (na táboa anterior): Ximnasia Rítmica 1, Circo 2, Manualidades 1, Inglés cos Lunnis 1, Judo 1, 2 e 3, Funky-Hip Hop-Rap, Ballet e Baile Moderno, e Piscina.

      As actividades de Circo 1 e Ximnasia Deportiva aparecen na táboa ofertadas de xeito provisional, xa que só contan con 4 alumn@s inscritos. Adicionalmente, cambiamos de día a actividade de Atletismo para adaptalo a propostas que nolo pedían, aínda que polo momento só hai 4 inscrit@s. Queremos remarcar que ditas actividades cun número baixo de alumnos poderán ser canceladas se a ANPA e @s profesor@s responsables así o deciden, e despois de aviso mediante correo electrónico aos pais ou titores. 

      Aínda que formalmente o prazo de inscrición nas actividades rematou o 30 de setembro, animámosvos a que vos anotedes durante os próximos días en calquera actividade (aínda que moi especialmente en aquelas que teñen este baixo número de inscrit@s), xa que en todas aínda hai prazas vacantes; prorrogando así unha semán máis a inscripción ata o 6 de outubro.

      No caso da actividade de Pilates para adultos hai actualmente dúas persoas inscritas, polo que se cancelou a oferta. Sen embargo, a ANPA recibiu noticia de persoas interesadas na actividade no caso de modificarse o horario, preferiblemente cara as últimas horas da tarde. De ser o caso, animámosvos a que nos enviedes as vosas preferenzas horarias ao enderezo electrónico anpariotella@gmail.com.

      A ANPA reintegrará o importe das actividades canceladas aos pais e nais que xa aboaron o importe das mesmas.

Corrección de erros da Circular nº1 do Curso 2012/13: Queremos informarvos que hai erro no número de conta da ANPA no que hai que facer o ingreso da cotas e dos importes das actividades extraescolares. O número correcto é o seguinte: 2080 0719 01 3040002062 de NOVAGALICIA Banco. Pedímosvos disculpas polos posibles inconvintes que vos puideran causar.

En caso de calquera dúbida, podedes poñervos en contacto coa directiva da ANPA  no enderezo electrónico anpariotella@gmail.com, ou a través de páxina web www.anpariotella.com o noso blog anpariotella.blogspot.com.es, ou en Facebook facebook.com/AnpaRioTella.

Cordialmente:

ANPA Rio Tella                                                                                               Teo 1 de Outubro de 2012




28 de septiembre de 2012

AVISO IMPORTANTE CORRECCIÓN NA CIRCULAR




Benquerid@s nais/pais, 

informámosvos que hai erro no número de conta da ANPA no que hai que facer o ingreso da cotas e dos importes das actividades extraescolares


"O importe das actividades ingresaranse en NOVAGALICIA Banco, oficina de CACHEIRAS, antes do 30 de outubro de 2012. número de conta é: NOVAGALICIA Banco 2091-0719-71- 304000206. Lembrade que se debe indicar no concepto o nome e apelidos d@ nen@ así como das actividades nas que se inscribe, non da persoa que fai o ingreso. Exemplo: MANUEL FERNÁNDEZ GARCÍA- JUDO, XADREZ E COTA ANPA. 2"

O número correcto é o seguinte: 


NOVAGALICIA Banco 
2080 0719 01 3040002062





27 de septiembre de 2012

CONVOCATORIA ASEMBLEA ORDINARIA



Asemblea Ordinaria, que se celebrará no salón de actos do Colexio o vindeiro MÉRCORES, día 3 de outubro, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e 20:00 en segunda, coa seguinte Orde do día:

  1. Lectura e aprobación da acta da Asemblea anterior
  2. Aprobación das contas do curso 2011-2012
  3. Presentación do programa de actividades
  4. Rogos e preguntas

Se non podes acudir á reunión déixanos os teus comentarios no apartado OPINIÓNS do Blog. 




21 de septiembre de 2012

CIRCULAR Nº1 CURSO 2012/13

Xa está disponible a Circular Nº1 do Curso 2012/13 para informar sobre os seguintes contidos:

  1. Composición da ANPA e representación das nais e pais no Consello escolar
  2. Presentación de actividades extraescolares para o curso 2012/13, inscrición, norma de funcionamento e horario. 
  3. Servizo de madrugadores
  4. Convocatoria Asamblea Ordinaria.




Nota.- O pagamento da cota do ANPA é o pagamento do primeiro trimestre das actividades realizarase de forma conxunta, dentro do prazo que se estabeza na circular correspondente




18 de septiembre de 2012

CLASE ABERTA DE CIRCO 18/SETEMBRO/2012

Jano Costas imparte unha clase aberta hoxe 18 de setembro, de 15:30 a 16:30 no CEIP A Ramallosa, para dar a coñecer a actividade de Circo



Jano Costas é membro de CIRCONOVE. 

12 de septiembre de 2012

11 de septiembre de 2012

LIBROS NO BANCO DE LIBROS DO CONCELLO PARA 5º DE PRIMARIA


EDUCACIÓN

A Concellaría de Educación informa que aínda quedan lotes para o préstamo no Banco de Libros do Concello para 5º de primaria

10/09/2012
A dous días escasos do comezo do curso escolar en infantil e primaria a Concellaría de Educación informa que no Banco de Libros do Concello de Teo aínda quedan lotes de libros que poden ser usados por alumnos/as de 5º de primaria. A edil María Álvarez Garea explica que “neste momento quedan exemplares tanto para o centro da Ramallosa, coma para Calo, nos dous casos para 5º”.
As familias interesadas en beneficiarse do Banco de libros impulsado dende o Concello poden achegarse á Aula de informática, no Centro Sociocultural da Ramallosa e cubrir a ficha de solicitude. A concelleira de Educación explica que a maior demanda neste primeiro ano de funcionamento do servizo de préstamos foi de libros de 6º de primaria, polo que as familias solicitantes á súa vez, cederon lotes do último curso, neste caso 5º de primaria. O Concello de Teo, a través da concellería de Educación poñía en marcha este verán un Banco de Libros para que as familias puideran compartir libros de texto e de lectura en bo estado. Esta iniciativa busca servir de apoio económico ás familias.  

10 de septiembre de 2012

ESCOLAS DEPORTIVAS PARA NENOS/AS CONCELLO DE TEO 2012/2013


Ábrese o prazo para a preinscrición nas escolas deportivas para nenos/as

31/08/2012 O Concello de Teo abre o prazo de preinscrición para as escolas deportivas para nenos/as para o curso 2012/13. O prazo de preinscrición será entre o 1 e o 20 de setembro. A admisión farase por rigurosa orde de entrada da ficha de solicitude no Rexistro Xeral do Concello.
Lugar de solicitude: Rexistro Xeral do Concello de luns a venres de 08:00 a 14:00 horas e os sábados de 09:00 a 13:00 horas.
Prazo:O prazo para a preinscrición remata o 20 de setembro. A listaxe de admitidos publicarase o 24 e matrícula debe formalizarse entre o 24 e o 29 de setembro.
En prazo de presentación: 01/09/2012 - 20/09/2012    

7 de septiembre de 2012

GRATUIDADE SOLIDARIA: CURSO 2012/2013


Obxecto da convocatoria e procedemento

O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2012/2013.  mais .......


4 de septiembre de 2012

ESCOLAS CULTURAIS DO CONCELLO DE TEO PARA O CURSO 2012/2013


Ábrese o prazo para a preinscrición nas escolas culturais para o curso 2012/13


31/08/2012 O Concello de Teo abre o prazo de preinscrición para as escolas culturais para nenos/as e adultos/as para o curso 2012/13. O prazo de preinscrición será entre o 1 e o 20 de setembro. A admisión farase por rigurosa orde de entrada da ficha de solicitude no Rexistro Xeral do Concello.


Lugar de solicitude:

Rexistro Xeral do Concello de luns a venres de 08:00 a 14:00 horas e os sábados de 09:00 a 13:00 horas.

Prazo:

O prazo para a preinscrición remata o 20 de setembro. A listaxe de admitidos publicarase o 24 e matrícula debe formalizarse entre o 24 e o 29 de setembro. 
Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.