31 de octubre de 2013

RESUMO DO CONSELLO ESCOLAR DO 29/10/2013

1) Lectura e aprobación, se procede, da Acta da sesión anterior. 

O Secretario do CEIP comunicou que a través dunha dilixencia que as actas do Conselo Escolar se realizarán en soporte dixital. 
A acta da sesión anterior foi leida polo secretario e aprobada polo conxunto de asistentes. 

2) Aprobación, se procede, do Plan Xeral Anual 

Aprobada a participación nas Actividades de Inmersión Lingüística (12 votos a favor). Prepararase e presentarase o proxecto, a espera de que se nos conceda. 
O Subdirector do CEIP procedeu a ler algúns temas do Plan Xeral Anual (PXA). Tratáronse temas importantes do PXA como a Avaliación de Diagnóstico 2012 do CEIP. Para mellorar os resultados en próximo ano, o PXA propón unhas accións de mellora, que con respecto ás familias e o ámbito son as seguintes: 

  • Estimular a comunicación familia-escola. 
  • Lograr o compromiso das familias no seguimento e apoio ao alumnado, segundo as indicación do profesorado. 
  • Insistir na necesidade da lectura diaria na casa. 
  • Crear hábitos de estudo e traballo na casa. 


3) Rogos e preguntas 

Clara Rosón López, representante dous pais, propuxo dúas conferencias: 

  • Sobre Roberto Vidal Bolaño (dedicado a pais) 
  • Sobre o uso de internet nas familias (dedicado aos alumno) 


Roberto Blanco entregou un documento con son proposta e achegas que os pais de alumnos do CEIP A Ramallosa fan aos seus representantes directamente ou a través das vías de comunicación á súa disposición como o Blog, correo electrónico, facebook e reunións periódicas do ANPA. 

En resumo as peticións e respostas foron estas: 

a.- Propúxose illar a zona de recreo da zona de tránsito de vehículos, tal e como se recolle no PXA. 
Resposta: Non se considera unha obra prioritaria. 

b.- Solicítase que os contedores de lixo se cambien de lugar e se sitúen nunha zona na que os alumnos non poidan acceder, eliminando os problemas de hixiene e malos cheiros que poden ocasionar a súa localización. 
Resposta: Non se propón solución ao respecto. 

c.- A canastra de baloncesto oxidada e os restos da base doutra canastra seguen no patio de recreo, despois de pedir nun Consello anterior a súa retirada. Pedimos novamente a súa retirada inmediata por supoñer un perigo para os alumnos. 
Resposta: Están a esperar que o Concello ou algunha empresa interesada nos restos retiren a canastra. 

d.- Tratáronse algúns problemas sobre o comedor, entre os que está o abastecemento de auga durante os períodos nos que sae sucia polas billas. 
Resposta: En canto ao abastecemento, se a Directora e a Responsable de Comedor consideran que a auga non é acta para o consumo, chaman oConcello e a través de Protección Civil Teo, subminístrase auga embotellada. 

e.- Cando chove a auga acumúlase nas marxes internas do aparcadoiro habilitado para os pais dos alumnos, deixando charcos de auga no patio de recreo dos nenos. Queremos saber se isto está solucionado. 
Resposta: Non se ten constancia dese problema, pero intentarase estar pendente nos próximos días. Se este problema é certo, tomaranse medidas para solucionalo. 

f.- O horario de peche das portas do aparcadoiro habilitado para os pai de alumnos péchase ás 16:00. Pídese que os martes, xoves e venres este peche se atrase ata as 17:30 polos seguintes motivos: 

  • martes os pais teñen as entrevistas cos profesores e estas adoitan rematar ás 17:30. 
  • xoves a actividade do ANPA de Ballet e Baile remata dá as 17:30 e os pais que recollen aos seus fillos necesitan aparcar. 
  • venres a actividade do ANPA de Judo remata dá as 17:30 e os pais que recollen aos seus fillos necesitan aparcar. 
Resposta: Este problema está solucionado. 


g.- Existe preocupación pola lúa do ximnasio do CEIP, xa que se encontra con danos visibles e que poden ser un perigo para os alumnos que xogan no patio ou fan actividades dentro do ximnasio. 
Resposta: É vidro laminado. 

Pais asistentes: Fernando Pernas, Geraldina Aldariz, Clara Rosón, Roberto Blanco

15 de octubre de 2013

PROXECTO DAS ACTIVIDADES DO APOIO EDUCATIVO

O currículo de Educación Infantil, sinala no seu artigo 3º. 

1. A finalidade da Educación infantil é a de contribuír ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual das nenas e dos nenos. 

2. Na educación infantil atenderase progresivamente ao desenvolvemento afectivo, ao movemento e aos hábitos de control corporal, ás manifestacións da comunicación e da linguaxe, ás pautas elementais de convivencia e relación social, así como ao descubrimento das características físicas e sociais do medio. Ademais facilitarase que nenas e nenos elaboren unha imaxe de si mesmos, positiva e equilibrada e adquiran autonomía persoal. 

Polo tanto, calquera actividade educativa plantexada dentro da escola, debe incidir e axudar a acadar os fins arriba expostos. Como mestra responsable, das actividades de apoio educativo e en estreita coordinación coas mestras titoras dos vosos fillos e fillas, a miña proposta pretende ser coherente cos obxectivos, contidos e metodoloxía que o currículo fixa para esta etapa educativa, conferíndolle a mesma importancia a todas as situacións de aprendizaxe. 

O motor principal da acción educativa debe ser, polo tanto, o desenvolvemento integral da persoa, a través de experiencias e actividades didácticas de carácter lúdico, partindo da realidade individual de cada criatura para chegar a acadar, de xeito gradual , os obxectivos sinalados para esta etapa educativa. Ademais o noso currículo no seu anexo II, recolle a importancia de introducir xa desde esta etapa educativa as oito competencias a desenvolver e á acadar ao longo do ensino básico. Pensamos que estas actividades son un exemplo de proposta globalizada para o logro de todas as competencias, con especial incidencia na competencia en comunicación lingüística, competencia cultural e artística, social e cidadá, competencia na interación co mundo físico, competencia para aprender a aprender e por suposto “autonomía e iniciativa persoal”.


TEXTO COMPRETO:    VER   -    DESCARGAR

9 de octubre de 2013

ANTEPROXECTO DE DECRETO ..../2013, DO .......... DE ....., POLO QUE SE DESENVOLVE A LEI 4/2011, DO 30 DE XUÑO, DE CONVIVENCIA E PARTICIPACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA EN MATERIA DE CONVIVENCIA ESCOLAR

Anteproxecto de Decreto …./2013, do...................de...., polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar.



PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E NOS SEUS CONTORNOS

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos

O “Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos”, continuando na liña de anos anteriores pero incorporando novas dimensións, ofrece aos centros educativos durante o curso 2013-2014 a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas impartidas por expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado sobre diferentes temáticas que favorezan a mellora da convivencia e o achegamento destes profesionais aos cidadáns ao mesmo tempo que facilita actuacións moi en consonancia coa Acción Titorial e as propostas do Plan de Convivencia desenvolvidas nos centros. Entre estas actuacións podemos destacar:

  • Acoso escolar
  • Consumo y tráfico de estupefacientes
  • Actividade de grupos ou bandas violentas de carácter xuvenil
  • Riscos asociados a Internet  e ás novas tecnoloxías (especialmente acoso sexual, difusión de contidos de natureza sexual por teléfonos móbiles, venta de menores, prostitución infantil e utilización de menores na pornografía).
  • Violencia de xénero
  • Prevención de incendios
  • Outros...
  • Xornadas de portas abertas e exhibicións  
Estas actuacións poden ir dirixidas aos diferentes membros da comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias).
Polo tanto e para facilitar a participación do seu centro, neste espazo poñemos á vosa disposición a seguinte documentación:

  • Instrucións do procedemento para tramitar as solicitudes (ante os tres organismos participantes)
  • Carta do Delegado do Goberno en Galicia (en galego).
  • Carta del Delegado del Goberno en Galicia (en castellano).
  • Instrucción Nº 7/2013 de la Secretaria de Estado de Seguridad, sobre el “Plan Director para la convivencia y mejora de la seguridad en los centros educativos y sus entornos”
  • Solicitude para a intervención nos centros escolares (en galego).
  • Solicitude para la intervención en los centros escolares (en castellano).
  • Formulario de avaliación e mellora do Plan Director (en galego).
  • Formulario de evaluación y mejora del Plan Director (en castellano).
Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.