22 de enero de 2014

ESCOLA DE NAIS E PAIS (CONCELLO DE TEO)

A Concellaría de Educación vai poñer en marcha unha actividade, de carácter gratuíto e periodicidade mensual, consistente nunha serie de charlas e actividades de asesoramento e apoio ás familias.

QUE É? A escola de nais e pais é un espazo de encontro, comunicación, formación e reflexión dirixido a mellorar a competencia educativa dos pais e nais con nenos/as escolarizados.
DESTINATARIOS: Familias con nenos e nenas escolarizados/as nos niveis educativos de Educación Infantil, Educación Primaria ou Educación Secundaria Obrigatoria. Non é preciso anotarse previamente.
METODOLOXÍA. Metodoloxía aberta e flexible, baseada na interacción e participación. Combina a formación teórica dos pais/nais con actividades prácticas nas que poderá observarse a aplicación práctica dos contidos expostos.
CONTIDOS. Comunicación entre pais/nais e fillos/fillas, e familia/escola. Normas e límites. Problemas de conduta. Relación familiar na etapa da adolescencia. Influencia das novas tecnoloxías nos nenos/as.
DATAS. Terá lugar o último mércores de cada mes: 29 de xaneiro, 26 de febreiro, 26 de marzo, 30 de abril, 28 de maio.
HORARIO. A actividade ten unha duración de hora e media e comeza ás 20:30 horas

LUGAR. Mediateca do Grilo, en Cacheiras.








Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.