31 de octubre de 2014

FICHA REXISTRO ASOCIADOS NO ANPA RIO TELLA


Bos días.

Entre os obxectivos do ANPA Rio Tella para este curso 2014/2015, está crear un modo de comunicación cos nosos asociados que será rápido e efectivo, para iso precisamos ter un rexistro actualizado e cos datos necesarios.

Este rexistro efectuarase este ano para todos os asociados, tanto para os que renovades coma para os de nova incorporación. En anos sucesivos, pedirase un confirmación ou modificación de datos sexa por baixa voluntaria, por desvinculación educativa do CEIP ou por calquera outro motivo.

Descarga o Formulario que podedes encher de varias formas:


  • Con Acrobat podedes enchelo no voso ordenador, gardalo e envialo por correo electrónico a anpariotella@gmail.com
  •  Pódese imprimir e encher manualmente (con maiúsculas se é posible) e entregar na Consellaría do CEIP, ou na caixa de correo de correo do ANPA que está situado na porta grande do CEIP por onde entran os autobuses, ou entregar a calquera membro da directiva do ANPA.

A próxima semana deixaremos exemplares en Consellaría por se algunha persoa non recibe este correo por non estar incluído na lista de distribución do ANPA.

Grazas a todos os asociados pola vosa colaboración.




Directiva do ANPA Río Tella

29 de octubre de 2014

AULAS DE CONCILIACIÓN ASOCIACIÓN RECREATIVA E CULTURAL OS TILOS





Somos a Asociación Recreativa e Cultural Os TIlos e o Club San Francisco Teo, dúas entidades sen ánimo de lucro situadas nos Tilos, a 3km de Santiago de Compostela. 
No curso 2013-2014 contamos con 415 familias asociadas e o noso obxectivo é seguir crecendo nesta línea neste curso que xa comezou.


Dentro dos obxectivos máis importantes da Asociación, destacamos a CONCILIACIÓN FAMILIAR, LABORAL E PERSOAL, e nesta liña contamos con dúas Aulas de Xogos:  unha a de pequenos/as de 3 a 7 anos, e outra o Club dos Piratas, destinada a nenos e nenas de 8 a 12 anos. Son aulas que ofrecen actividades lúdico educativas en horario de luns a venres de 16 a 20:30h. Na línea da conciliación contamos tamén con Campamentos, sempre en todos os horarios vacacionais, en horario de 7:30 a 20:30h.
Todas estos proxectos se caracterizan por ofrecer actividades de gran calidade cun prezo moi asequible para as familias.

SOLICITAMOS: 
A maior difusión posible, sexa a través do cartaz informativo (pegado do mesmo nos centros escolares ou a través da difusión nas redes sociais), ou sexa a través do reenvío do presente email.

Axuntamos cartaz informativo cos proxectos de CONCILIACIÓN FAMILIAR, LABORAL E PERSOAL.

Un saúdo
O equipo da Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos


-- 
ASOCIACIÓN RECREATIVA E CULTURAL OS TILOS
Rúa Ameneiro Núm.8 (Baixos Parroquiais)
15894 Os Tilos - Teo
Tfno./Fax : 981 819 501
Móbil: 673769537

CONSELLO ESCOLAR - CALENDARIO PARA A CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS

CALENDARIO PARA A CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS
Segundo a Resolución do 19 de setembro de 2014 (DOG do 1 de outubro)

DATAS É ACTUACIÓNS

27-Outubro (luns)
  • Publicación no taboleiro de anuncios do Centro da data e hora no que se procederá ao sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral. (Artigo 30 do Decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1994; DOG do 9 de agosto)
  • Envío de circular aos pais e nais anunciando dito sorteo.

28 - Outubro (martes)
  • Sorteo público, ás 12,00 horas, para a designación dos membros da Xunta Electoral (Titulares e Suplentes).
  • Segundo o resultado anterior, envío de citacións para a constitución da Xunta Electoral.

4 - Novembro (martes)
  • Primeira reunión da Xunta Electoral:
  • Acto da súa constitución.
  • Aprobación do calendario de actuacións.
  • Publicación nos taboleiros de anuncios:
  1. Das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos.
  2. Dos correspondentes censos electorais.

  • Escrito ao Concello e a ANPA solicitando a designación dos seus representantes.

5 - Novembro (mércores)
  • Envío de circular ás nais e pais do alumnado coa convocatoria do seu sector.

Do 7 ao 17 de novembro
  • Prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores.

10 - Novembro (xoves)
  • Envío de convocatoria para a celebración da segunda reunión da Xunta Electoral.
  • Envío de convocatoria de Claustro informativo para o día 18 (Art. 35 do Decreto 92/1988).

18 - Novembro (martes)
  • Segunda reunión da Xunta Electoral:

  1. Admisión, proclamación e publicación de candidaturas.
  2. Aprobación dos censos electorais e de modelo de papeletas, sobres...
  3. Sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais.

  • Reunión de Claustro de Profesores (Lectura de normas, Relación de candidaturas, Acordo de convocatoria de Claustro extraordinario para o martes, día 25.

19 - Novembro (mercores)
  • Comezo das distintas campañas electorais.
  • Envío de:

  1. Circular ás nais e pais do alumnado anunciando as candidaturas do seu sector.
  2. Convocatoria de Claustro extraordinario a celebrar o día 25.
  3. Citacións para a constitución das distintas mesas electorais.
  4. Convocatoria para a terceira e última reunión da Xunta Electoral.

21 - Novembro (venres)
  • Envío aos pais e nais do alumnado dunha circular recordatoria do día das votacións do seu sector.

25 - Novembro (martes)
  • VOTACIÓNS:

  1. Persoal de administración e servizos, de ser o caso. (Ás 12'00 horas).
  2. Profesorado. (Ás 16'00 horas).
  3. Pais, nais e titores legais do alumnado. (De 16,30 a 20'00 horas).

26 - Novembro (mércores)
  • Terceira e última reunión da Xunta Electoral:

  1. Proclamación e publicación de candidatos electos.
  2. Traslado das actas das mesas electorais ao titular da delegación provincial.

  • Envío de convocatoria de reunión para a constitución do novo Consello Escolar. (Artigo 52 do Decreto 92/1988, DOG do 29 de abril).

2 - Decembro (martes)
  • Celebración de reunión do novo Consello Escolar:

  1. Constitución do Consello.
  2. Designación dos membros que van a constituír a Comisión Económica.
  3. Designación da persoa responsable de impulsar medidas educativas que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres. (Art. 126.2 da LOE).
  4. Constitución do Observatorio da Convivencia Escolar. (Art. 7º do Decreto 85/2007, do 12 de abril e Instrucións da Consellería de Educación do 17 de outubro de 2007).

Antes do 20 de decembro
  • Envío á/ao Xefa/e Territorial do formulario que se publica como anexo II Segundo a Resolución do 19 de setembro de 2014 (DOG do 1 de outubro).

24 de octubre de 2014

PUNTO RECOLLIDA DE ALIMENTOS NO CEIP A RAMALLOSA



Dende o ANPA Rio Tella recordámosvos que o punto de recollida do Banco Veciñal de Alimento se encontra na entrada do CEIP ARamallosa.

Pedímosvos un esforzo para poder achegar alimentos para aquelas familias que están a pasar por apuros.

Esta campaña está promovida polo ANPA Rio Tella.

Grazas polo voso esforzo.



22 de octubre de 2014

RECOLLIDA DE ALIMENTOS - BANCO DE ALIMENTO DE TEO

Dende hoxe xa se poden levar alimentos ao CEIP A Ramallosa, o punto de recollida está colocado xunto a Conserxaría.


Dende o ANPA Rio Tella e en colaboración co CEIP A Ramallosa e o Concello de Teo facemos un chamamento ao Voluntariado, para axudar e prestar apoio ás familias do noso concello.

Entre todos conseguiremos paliar as necesidades destas familias en apuros, para iso é fundamental contar coa túa participación. Faino a través do Banco de Alimentos de Teo e do Voluntariado Social de Teo.

O ANPA Rio Tella quere establecer un punto de recollida permanente de alimentos no CEIP A Ramallosa (Xunto a Conserxaría), e facer convocatorias a última semana de cada mes, para que os alumnos acheguen alimentos, realizando con iso un labor social e de concienciación.

Aqueles que desexen participar no programa de voluntariado poden achegarse a Servizos Sociais ou chamar ó teléfono 981 809 707. Tamén hai xa dispoñible unha ficha de inscrición que debe entregarse no citado departamento municipal, no primeiro andar do CSC da Ramallosa. 


Os alimentos máis necesarios agora mesmo son: leite, conservas, alimentos para o almorzo. Durante os meses seguintes pedirémosvos tipos de alimentos segundo nolo indiquen os voluntarios de Teo.

Esperamos sentirnos orgullosos deste labor, sabendo que unha pequena achega de cada un de nós pode ser unha grande axuda para moitas familias.

E recorda que o punto de recollida será continuo, sempre que penses que podes achegar algo, non o dubides e envíao.


Grazas. 


17 de octubre de 2014

SEGURO ACUMULATIVO PARA COLEXIOS


ESTE SEGURO NON É OBRIGATORIO É VOLUNTARIO

O CEIP Ramallosa, recoñecendo as vantaxes de ter un Seguro Escolar que cubra os accidentes que lles poidan xurdir os alumnos do centro, ten decido contratar un Seguro Acumulativo para Colexios, ao non estar recollido ao Seguro Escolar Obrigatorio, contratando coa CIA. de Seguros Allianz, con oficinas en Rúa Nova de Abaixo nº12 local 14, teléfono 981.53.03.42.

A presente póliza cobre os alumnos única e exclusivamente de accidentes escolares, por calquera das seguintes causas e circunstancias:

Dentro do recinto do colexio, durante as clases, xogos, exercicios autorizados pola súa dirección ou profesorado.
Nos desprazamentos dende o seu domicilio particular ao colexio e regreso, en calquera medio de locomoción.
En viaxes organizadas polo colexio, exames, excursións, visitas a museos e análogos.
Tamén se cobren os accidentes acaecidos na práctica de deportes, e en xeral toda lesión involuntaria producida e debida a causa externa e violenta.

INDEMNIZACIÓNS GARANTIDAS

-Capital asegurado por alumno en caso de MORTE ……………………………..3000€
-Capital asegurado por alumno en caso de INVALIDEZ PERMANENTE………3000€
-Gastos médicos ilimitados en centros concertados (ej.: Policlínico La Rosaleda) 
-Indemnizacións por invalidez parcial: Segundo baremo nas Condicións Xerais da póliza.


O prezo do seguro por cada ALUMNO É DE 7 €/año

Se VOSTEDE desexa que o seu fillo sexa incluído no Seguro debe enviarnos esta folla cuberta antes do 31 de outubro de 2014





ESTE SEGURO NON É OBRIGATORIO É VOLUNTARIO

8 de octubre de 2014

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE TEO PARA O CURSO 2014/15

Publícanse as bases reguladoras da convocatoria de axudas para o ensino e o transporte do Concello de Teo para o curso 2014/15. O obxecto da presente convocatoria de axudas é favorecer a escolarización pública e formación universitaria en familias con menos recursos económicos de Teo.
Requisitos:
Para ser beneficiario destas axudas é preciso cumprir os seguintes requisitos:
a) Cursar estudos nalgún dos seguintes centros de ensino para os que se solicita a axuda:
– PRIMARIA E INFANTIL: todos os centros públicos do Concello (CEIP A Ramallosa, Os Tilos, Calo e CRA).
– ESO: IES de Cacheiras e Pontepedriña.
– FP OU PCPI: calquera centro público.
– BACHARELATO: IES de Cacheiras , IES de Pontepedriña e o alumnado que curse noutro IES algunha modalidade de Bacharelato que non exista nos centros anteriores.
– UNIVERSITARIOS: calquera universidade galega.
– ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL-ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES: calquera centro galego.
– O ALUMNADO cuxas necesidades educativas especiais impidan a súa escolarización nun centro ordinario do municipio, poderá solicitar a axuda para a asistencia a un Centro de Educación Especial, aínda que non estea localizado no Concello.
b) Que a renda per cápita familiar non supere os límites establecidos na base quinta da presente convocatoria.
c) Estar empadroado no Concello de Teo e ser fillo dependente. Non pode beneficiarse destas axudas o alumnado que non sexa dependente. Consideraranse fillos dependentes os menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro do ano inmediato anterior a aquel no que comeza o curso escolar para o que se solicita a axuda sempre que non teñan un contrato de traballo ou percibiran recursos (agás bolsas) durante o ano 2013.
d) Presentar CERTIFICADO DE MATRÍCULA do/a alumno/a para o curso 2014/2015 (agás alumnos/as de Primaria, Infantil e ESO).
e) Cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario, recollidas nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) As axudas serán solicitadas polos representantes legais do alumnado: os pais, as nais ou os titores.
g) Poderán ser beneficiarios da axuda de transporte o alumnado de:
a. Formación Profesional.
b. PCPI.
c. Universitarios.
d. Alumnado de Bacharelato que curse estudios no IES de Pontepedriña, ou noutro IES nalgunha modalidade que non se imparta no municipio.
e. Alumnado con necesidades educativas especiais escolarizado en centros de educación especial e talleres ocupacionais de fora do Concello.
f. Alumnado de ensinanzas artísticas superiores.
Documentación:
a) As solicitudes para a concesión destas axudas formalizaranse no impreso normalizado que se inclúe como anexo I e poderá así mesmo obterse nas oficinas xerais (Rexistro de Entrada) do Concello de Teo ou ben premendo aquí
b) Xunto coa solicitude, no modelo normalizado e debidamente cuberto, presentarase a seguinte documentación:
– Fotocopia do DNI do solicitante (pai, nai ou titor).
– Fotocopia do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.
– Fotocopia da declaración da renda correspondente ao exercicio 2013 dos pais ou titores legais. No caso de non estar obrigado a presentar a declaración do IRPF, copia da notificación-liquidación ou certificado acreditativo do nivel de rendas emitido pola Axencia de Administración Tributaria que corresponda. Excepcionalmente, se a unidade familiar alega carecer de recursos, ou quere acreditar unha situación excepcional, imprevista ou de carácter de especial necesidade que afecte negativamente á situación familiar ou no caso de percibir pensións non contributivas deberá acreditala mediante informe social. Nos casos de separación ou divorcio estase ao previsto na Base 6.ª para a determinación dos membros da unidade familiar. Os fillos entre 18 e 25 anos inclusive, que perciban rendas e non figuren na declaración da renda dos pais aínda que residan con eles, deberán acreditar os seus rendementos e computarán como ingresos da unidade familiar.
– No caso de presentar solicitudes para varios irmáns, só é necesario presentar un exemplar da fotocopia do DNI do solicitante, do libro de familia e da declaración do IRPF dos proxenitores.
– Facturas orixinais ou copia cotexada que acrediten o gasto realizado en material escolar ou libros para o alumnado de primaria, infantil e E.S.O. Dado o carácter finalista das axudas desta convocatoria, en ningún caso, o importe da axuda concedida polo Concello poderá ser superior ao gasto realizado polo/a beneficiario/a. En consecuencia, de ser necesario, realizarase o oportuno axuste na cantidade da axuda concedida en cada caso. Se se detectasen facturas falsas ou fraude na declaración dos datos facilitados se perderá o dereito a obter as axudas en anos seguintes.
– Certificado da matrícula expedido polo centro educativo para o alumnado de Bacharelato, F.P. , PCPI, universitarios, ensinanzas artísticas superiores e alumnado con necesidades educativas especiais.
– Declaración responsable de atoparse ao corrente coas obrigas tributarias e da Seguridade Social, de non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a de subvencións públicas e de estar ao corrente no cumprimento de obrigas por reintegro de subvencións, e autorización ao Concello de Teo para que realice as comprobacións oportunas durante o todo o período que dure o proceso, segundo anexo II.
Documentación complementaria:
– Certificado que acredite o grao de minusvalía e/ou incapacidade nun grao igual ou superior ao 33% dalgún membro da unidade familiar, se procede.
– Certificado que acredite a situación de desemprego por un período superior a 6 meses durante o ano 2014 dalgún membro da unidade familiar, se procede.
– Documentación acreditativa da situación de familia monoparental ou de ausencia de ambos os dous proxenitores.
Lugar de solicitude:
A solicitude presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Teo, de luns a venres en horario de 8.00 a 14.00 horas ou os sábados de 9.00 a 13.00 horas, ou a través das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/92, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Prazo:O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia
O prazo remata o 31 de outubro.
En prazo de presentación: 09/10/2014 - 31/10/2014

DEBUXA O TEU ALMORZO



A Organización Mundial da Saúde define á obesidade e o sobrepeso como “a pandemia do século XXI”. En España padecen sobrepeso e obesidade o 53% da poboación adulta e o 33% da poboación infantoxuvenil de 2 a 17 anos.

Entre os principais factores xeneradores de obesidade infantil encóntranse a escasa actividade física e/ou unha alimentación inadecuada, principalmente no referinte á realización dun almorzo pouco axeitado. O almorzo é unha comida moi importante e contribúe a que os escolares teñan máis enerxía para desenvolver as súas actividades. Un almorzo equilibrado debe estar composto por un lácteo, cereais e froita.

Dado que existe unha gran preocupación polo aumento da prevalencia de enfermidades non transmisibles e xa que éstas están relacionadas co patrón alimentario e de actividade física, vémonos na obriga de establecer un marco de actuación que permita crear as condicións máis axeitadas e necesarias para que a poboación acade un estado óptimo de saúde e benestar.

A Consellería de Sanidade, o Foro Interalimentario e a Unión de Consumidores de Galicia firmaron un convenio de colaboración para a promoción de estilos de vida saudables.

Conscientes de que é necesaria unha educación nutricional en todos os ámbitos, as tres partes implicadas no convenio decidiron poñer en marcha o concurso “DEBUXA O TEU ALMORZO”, no que se establecen dúas categorías de participación:

1) Categoría xeral: Para nenos e nenas de 1º e 2º cursos de Educación Primaria de calquera centro educativo de Galicia durante o curso 2014-2015.

2) Categoría especial: Para usuarios/as de centros de atención a persoas con discapacidade intelectual e/ou desenvolvemento, radicados en Galicia.

A data límite para a recepción dos debuxos será o día 15 de outubro de 2014.

E-DIXGAL



Co obxectivo de por en marcha o libro dixital nos centros educativos galegos, o proxecto E-DIXGAL arranca este curso 2014/2015, incorporando a máis de 2.300 alumnos de 5º de primaria de 84 centros Abalar que se adscribiron á iniciativa. 
 
Docentes e alumnos dos centros implicados desenvolverán a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º de primaria de dous provedores, a editorial EDEBÉ e a empresa de contidos dixitais Netex.
 
Os docentes poderán elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.  Cómpre recordar que estes centros, integrados no proxecto Abalar, teñen tamén a súa disposición o espazoAbalar con máis de  2.106 recursos educativos dixitais complementarios en sete idiomas.
 
Os alumnos poderán acceder ao material seleccionado polo profesor tanto a través dunha conexión a internet (modo online) como dende o seu netbook (modo offline). Deste xeito, garántese que os alumnos e as alumnas que non dispoñan de conexión a Internet desde as súas casas poidan seguir o curso sen dificultade. De feito, todo o avance que realicen sen conexión será actualizado de maneira automática na plataforma en canto o netbook volva ter conexión de rede. 
 
A posta en marcha desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado, que desde o luns 8 de setembro terán á súa disposición na propia plataforma cursos de teleformación orientados a cada un dos perfís sobre o uso e vantaxes da plataforma.
 
O acceso á plataforma virtual de aprendizaxe é posible a través de calquera equipo con conexión a internet sempre que se faga uso das claves de acceso que lle serán entregadas ao alumnado no centro. Porén o alumno que así o desexe, ten a posibilidade de utilizar tamén na súa casa o netbook (ordenador portátil) que emprega na clase, para o que deberá  solicitar no seu centro un formulario de préstamo do mesmo, que devolverá asinado no prazo máis breve posible.
 
A utilización do ordenador portátil e das ferramentas e contidos dixitais instalados no mesmo é gratuíta para o alumno. As familias comprométense a que o alumnado realice un uso dilixente do equipamento, ao coidado dun equipo público, que poderá ser usado noutros cursos por outros alumnos, e a unha utilización vinculada á actividade educativa para a que é cedido.
 
 

Para solucionar incidencias técnicas no uso do entorno virtual de aprendizaxe, tanto os profesores como as familias contarán cun equipo de soporte técnico con atención continuada de luns a venres de 8 a 20 horas, a través do teléfono 881 99 77 01 e no correo electrónico  uac@edu.xunta.es

6 de octubre de 2014

ASEMBLEA ORDINARIA ANPA ‘RÍO TELLA’ - 10 DE OUTUBRO DE 2014


CONVOCATORIA ASEMBLEA ORDINARIA ANPA ‘RÍO TELLA’

ORDE DO DÍA

A ANPA ‘Río Tella’ convoca aos pais e nais do CEIP da Ramallosa a unha asamblea ordinaria que terá lugar o vindeiro VENRES, 10 DE OUTUBRO no Salón de Actos do CEIP da Ramallosa, ás 20:00 horas en primeira convocatoria, e ás 20.30 horas en segunda, coa seguinte orde do día:

  1.            Lectura e aprobación da acta da Asemblea anterior
  2.        Presentación da nova directiva do ANPA
  3.             Presentación dos obxetivos para o curso 2014/2015
  4.             Rogos e preguntas



Queremos chamar á vosa atención sobre a importancia da asistencia as asembleas do ANPA.

Sen outro particular, recibide un cordial saúdo.




ANPA ‘Río Tella’
Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.