25 de enero de 2017

COLOCACIÓN DA PORTA DO PASILLO DE INFANTIL

Este curso 2016/2017 o ANPA Río Tella a subvencionado integramente a colocación dunha porta no corredor de Infantil, co propósito de crear un illamento térmico, dado que ese corredor é o máis frío de todo o CEIP A Ramallosa. 

Pasado un tempo desde a colocación e consultando aos profesores e aos pais que teñen alumnos nestes cursos dinnos que se nota o incremento da temperatura. 

Sabemos que non é a solución definitiva, xa que o edificio é moi antigo e ten un problema de illamento xeral nas xanelas e as portas. 

Seguiremos traballando para reclamar á Xunta unha remodelación xeral en todo o CEIP igual que se fixo noutros centros da comarca de Santiago que tiñan o mesmo problema de antigüidade e illamento.  
Por iso pedímosvos participación no ANPA Río Tella. 

Saúdos.




23 de enero de 2017

AULA DE FAMILIAS. APRENDENDO A MEDRAR EN EQUILIBRIO



Aula de familias.

Aprendendo a medrar en equilibrio.

Obradoiro sobre intelixencia emocional para mellorar o xeito de relacionarse e comunicarse cos fillos e fillas.

Impartido por Alícia López García, profesora e orientadora do calexio La Salle de Santiago de Compostela. Coach Individual e de equipos.



Asistencia ao taller, 47 persoas.

Desde as ANPAS de Teo, consideramos que este tipo de talleres é necesario, e apostamos por crear un programa de talleres sobre a educación infantil e xuvenil, así como talleres orientados á detección de problemas na conduta dos nosos fillos, relacionados co día a día nas aulas.

Esperamos que os próximos talleres teñan esta ou máis aceptación.



12 de enero de 2017

PAGO ACTIVIDADES SEGUNDO TRIMESTRE

Comezamos o segundo trimestre das actividades extraescolares do ANPA Río Tella.

Xa están dispoñibles as follas de autoliquidación para efectuar o pago das actividades. En todas as actividades menos en piscina faremos chegar esta folla a través dos monitores ou responsable da actividade. Tamén podes descargala no grupo de Facebook do ANPA Río Tella ou no Blog.

Unha vez efectuado o pago entregarase ao monitor da actividade a folla deautoliquidación 
cumprimentada e o resgardo de pago bancario. Se se fai por transferencia electrónica imprimir o pdf xustificativo e entregalo xunto á follade autoliquidación.

Para os alumnos de piscina, enviarémoslles por correo electrónico a folla de autoliquidación, que deberán entregar xunto ao xustificante bancario na Conserjería do CEIP A Ramallosa. Tamén poderán retirar a folla de autoliquidación na Conserjería a partir do luns 15 de xaneiro de 2017.


O prazo de entrega os documentos finaliza o día 27 de xaneiro de 2017. 




Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.