BANCO DE ALIMENTOS E VOLUNTARIADO SOCIAL DE TEO



Dende o ANPA Rio Tella e en colaboración co CEIP A Ramallosa e o Concello de Teo facemos un chamamento ao Voluntariado, para axudar e prestar apoio ás familias do noso concello.

Entre todos conseguiremos paliar as necesidades destas familias en apuros, para iso é fundamental contar coa túa participación. Faino a través do Banco de Alimentos de Teo e do Voluntariado Social de Teo.

O ANPA Rio Tella quere establecer un punto de recollida permanente de alimentos no CEIP A Ramallosa (Xunto a Conserxaría), e facer convocatorias a última semana de cada mes, para que os alumnos acheguen alimentos, realizando con iso un labor social e de concienciación.

Aqueles que desexen participar no programa de voluntariado poden achegarse a Servizos Sociais ou chamar ó teléfono 981 809 707. Tamén hai xa dispoñible unha ficha de inscrición que debe entregarse no citado departamento municipal, no primeiro andar do CSC da Ramallosa.


Os alimentos máis necesarios agora mesmo son: leite, conservas, alimentos para o almorzo. Durante os meses seguintes pedirémosvos tipos de alimentos segundo nolo indiquen os voluntarios de Teo.
Esperamos sentirnos orgullosos deste labor, sabendo que unha pequena achega de cada un de nós pode ser unha grande axuda para moitas familias.

E recorda que o punto de recollida será continuo, sempre que penses que podes achegar algo, non o dubides e envíao.


Grazas. 


981 809 707

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.